A normalización lingüística na Romania: A normalización da lingua e normalización dos falantes (o caso dos neofalantes)

Autor/Author: Xavier Frías Conde
Revista/Journal: Ianua. Revista Philologica Romanica
Número/Number: 06
Any / Año / Year: 2006
Pàgines / Páginas / Pages: 49-68
URL: http://www.romaniaminor.net/ianua/Ianua06/08.pdf

Resumo:

Neste estudo analizamos dous procesos diferentes mais que decorren xuntos: a estandardización das linguas minoritarias e mais a importancia dos neofalantes na súa normalización. Na primeira parte estudamos como se está a desenvolver o proceso de estandardización nalgunhas linguas románicas menores, concretamente no concernente a certos espazos lingüísticos ben concretos como o galego eonaviego, o aragonés e o sardo. Na segunda parte achegámonos á figura do neofalante e analizamos a súa importancia no proceso, así como as diferenzas entre neofalantes e paleofalantes no contexto das linguas minoritarias románicas.

Palabras chave: Estandarización, linguas minoritarias, neofalantes, paleofalantes, galego eonaviego, aragonés, sardo, linguas románicas | Artigo

 

 

 

 

 

 

català | castellano | English